Sin categoría

Os socialistas de Baiona agradecen “o apoio da xente que nos votou onte”

Os socialistas de Baiona queren agradecer “o apoio da xente que nos votou nas eleccións de onte” e transmitir a noraboa ao PP e a Jesús Vázquez Almuíña. Carlos Gómez Prado sostén que “non foi o resultado que agardábamos despois duns anos de moito traballo pola nosa vila, pero temos que aceptalo e respectar a vontade da veciñanza”. “Como dixen en varias ocasións durante a campaña, traballarei por Baiona os próximos catro anos desde o lugar que decidiron os meus veciños, o mesmo que o resto dos socialistas da nosa vila”, engade Gómez Prado.