Jesús Vázquez Almuiña recupera a alcaldía de Baiona para o PP cunha ampla maioría absoluta

O Partido Popular logrou este domingo recuperar a alcaldía de Baiona cunha ampla maioría absoluta. O seu candidato, Jesús Vázquez Almuiña, conseguiu o apoio de 3.989 veciños e veciñas, o que se traduce en 11 concelleiros. O ata o de agora alcalde, o socialista Carlos Gómez Prado, sumou 1.994 votos, perdendo un concelleiro respecto aos anteriores comicios, quedando con 5. O BNG, encabezado por Iago Pereira, tamén perde un concelleiro tras sumar 606 papeletas, pasando de 2 a 1. Podemos e Vox quedan fóra da corporación con 242 e 154 votos respectivamente. A participación en Baiona alcanzou o 69,59%, cun total de 7.201 votantes. Os votos nulos foron 112 e en branco 104.