O aparcamento municipal do Aral alcanza as 510 persoas abonadas

O aparcamento municipal do Aral de Baiona alcanzou as 510 persoas abonadas, segundo os datos actualizados que recibiu hoxe o concello. O Concello de Baiona aprobou no ano 2021 unha ordenanza municipal na que se recollían grandes rebaixas nas tarifas para a veciñanza. Naquel momento, o número de abonados era de 187.

Na liña de que o aparcadoiro do Aral sexa un servizo público útil para os baioneses e baionesas, o Concello implantará novas medidas e descontos. Ademais dos abonos, todos os veciños e veciñas de vila teñen unha hora de aparcadoiro gratis os 365 días do ano.