Sin categoría

O músico baionés Anxo Sotelo busca votos para optar a unha #BecaRockCamp2023

O batería baionés de tan só dez anos Anxo Sotelo Fernández busca votos en Instragram para poder optar a unha #BecaRockCamp2023. Este pequeno veciño baionés residente na parroquia de Baredo postúlase entre os participantes á bolsa na categoría júnior. Anxo ten un grupo de música con outros nenos da súa idade que se chama “Music Bros”, gañador do concurso de talento Pequestrelas 2023, e que actuará proximamente no BaredoRock.

Todo aquel que queira axudar ao pequeno baionés a cumprir o seu soño e seguir formándose na súa carreira musical, pode colaborar dándolle un like a través de Instagram: o vídeo está colgado no perfil da súa nai, Laura Fernández Durán (@laubaredo), xa que o pequeno non ten perfil. Para que a votación sexa válida os likes só contan na publicación orixinal, non nas historias compartidas. O prazo acaba o 31 deste mes.

#BecaRockCamp2023

En Rock Camp traballan polo progreso persoal e musical de cada participante. Queren apoiar o talento dos futuros artistas e converterse nunha peza máis da súa evolución. Por iso, como cada ano, volven lanzar as súas Bolsas Rock Camp. A dotación de base é de 6000 €. O programa 2023 dispón dunha dotación basee de 6000 € + a cantidade doada polos inscritos ao campamento + a cantidade extra que duplicaron (agora mesmo 7380 €) para becar aos candidatos que logren maior puntuación segundo os criterios de valoración. Cada bolsa financia entre o 25% e o 100% da inscrición segundo os intervalos de renda indicados nas bases do concurso.