
Este domingo, 21 de maio, pola mañá tivo lugar a última xornada da Liga Escolar CB Baiona no Pavillón Municipal de Baiona. Esta competición, organizada polo Concello de Baiona xunto co Club Baloncesto Baiona, arrancou no mes de novembro e foi xuntado cada mes a un total de 20 equipos representando aos colexios do Val Miñor. Este ano, ás xa habituais categorías (baby, prebenxamín, benxamín e alevín), estreábase a categoría infantil (13-14 anos).
Durante a xornada matinal, os máis de 100 participantes recibiron a súa merenda e a súa medalla conmemorativa ao finalizar os partidos, entregadas polo Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e a Concelleira de Deportes, Andrea Pérez. Un ano máis se conseguiu que a Liga Escolar CB Baiona fose un éxito e unha forma de que os nenos entren en contacto co baloncesto e os valores deportivos.
Desde o Club Baloncesto Baiona agradecen ao Concello de Baiona, a todos os adestradores, voluntarios e a familias a súa implicación durante esta bonita tempada.
Agora, achegándonos ao verán, queda menos para a Segunda Edición das xornadas de Basket na Rúa (8 e 15 de xuño no Parque da Palma) e para unha nova edición do Campus de Verán do CB Baiona (do 7 ao 11 de agosto). Os interesados en participar poden contactar a través de clubbaloncestobaiona@clubbaloncestobaiona.com ou no Pavillón Municipal de Baiona para obter máis información.