Esta fin de semana tivo lugar o Trofeo Deputación Benxamín-Infantil, no Pavillón A Xunqueira, en Fene, A Coruña, e o Club Patinaxe Artística Gondomar tivo a súa representación na categoría benxamín masculino, conseguindo unha puntuación de 21,02 proclamándose primeiro Gael Fernández Fernández, da man do seu adestrador David Figueroa Pérez.
O patinador saíu a pista abrindo a competición de Deputación e ao son da banda sonora de “Grease”, non deixando indiferente ao público, o patinador de menor idade de primeira categoría do CPA Gondomar. O campionato celebrouse este sábado, dando comezo ás 10 da mañá co contacto coa pista dos patinadores, finalizando coa entrega de trofeos, unha en xornada de mañá e outra de tarde.




