
Coincidindo coa semana na que se celebra o Día das Letras Galegas, este sábado 20 de maio, a Praza do Concello de Baiona acollerá ás 18:00 horas o festival “Baidemuiñeiras”. Previamente, ás 17:30 horas, haberá unha ruada. A Asociación Folclórica “Vila de Baiona” organiza o evento en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Baiona. Esta X edición contará coa actuación do Grupo Folclórico “O Mosteiro”, “As Falcatrueiras”, a Asociación Cultural “A Seneira” de Baiona, as Pandereteiras de Monteboi e a propia Asociación Folclórica “Vila de Baiona”.