
Iria Misa e Manuel Esteban estarán o domingo 21 de maio en Baiona para celebrar as Letras Galegas na Praza do Concello. Ademais de moita música e xogos para os nenos e nenas, todas aquelas persoas que se acheguen ao lugar poderán desfrutar dun acto con estes dous escritores, que manterán unha charla sobre o proceso creativo e sobre as súas obras. Ao finalizar, entorno ás 13:00 horas, entregarán os premios do concurso de debuxo que a Asociación Centro Cultural e Social de Baíña e o colexio de Fontes organizaron para conmemorar a efeméride das Letras Galegas.
Amenizarán o acto as actuacións de Ardelume, Airiños da Fervenza, Pandereteiras da Atlántida e Samuel Soto, coa súa nova canción sobre as Letras Galegas. Ademais os cativos e as cativas poderán desfrutar dun inchable dende as 11:30 ata as 13:30 horas. O acto, que comezará ás 12:00 do mediodía, está organizado pola Asociación Centro Cultural e Social de Baíña e conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Baiona.