A Xunta elimina un punto de vertedura de augas residuais cara a ría na parroquia de Baredo, en Baiona

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas e Galicia, eliminou un punto de vertedura de augas residuais cara á ría na parroquia de Baredo, no concello de Baiona. Este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras de seguimento levadas a cabo polos técnicos do Programa de Control de Verteduras, dependente de Augas de Galicia, no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

Os técnicos da Xunta identificaron a orixe do punto de vertedura nunhas instalacións da zona, identificando deficiencias na canalización do entronque das augas residuais xeradas cara á rede de saneamento municipal, acadando á ría. Ante a deficiencia observada, os técnicos requiríronlle aos responsables da instalación a adopción das medidas correctoras oportunas co obxectivo de emendar ese foco.

Os responsables procederon á a substitución do tramo da canalización onde se observou a deficiencia estrutural, emendando deste xeito as achegas irregulares ao dominio público hidráulico, como verificaron os técnicos da Xunta nunha nova inspección.