
A Garda Civil de Baiona-Nigrán investiga a catro persoas como presuntos autores dun delito continuado contra a flora e fauna. A boa colaboración coa Confraría de Pescadores de Baiona permite constante información sobre problemas que esta Confraría ten en relación con casos de marisqueo ilegal da súa zona de costa asignada, que abarca desde a Punta de Monteferro-Nigrán, ata o municipio de Oia. No mes de xuño do ano 2022, recíbese información que apunta a que varias persoas de forma permanente e habitual, dedícanse á extracción ilegal de percebe. Estas persoas, xa foran investigadas no ano 2021, no marco da Operación Rasqueta2, por constituír un grupo criminal dedicado a cometer o mesmo delito.
Por mor do descrito ponse en marcha a Operación Rasqueta-3, e constátase que a pesar de existir un procedemento penal contra os mesmos, estes non deixaron de seguir realizando a mesma acción. Son furtivos que teñen como medio de vida a extracción ilegal de percebe, a cal a realizan de forma permanente e habitual, xerando unhas grandes ganancias e todo en diñeiro negro. A Confraría de Baiona, acouta zonas de traballo e pon vedas nestas zonas, comunicando estas decisións á Xunta de Galicia. Desta forma asegúranse, a extracción do percebe durante todo o ano e que este cumpra as tallas mínimas.
No caso dos furtivos que ademais non respectan medidas, como se pode deducir das denuncias cursadas, e case sempre extraen o percebe destas zonas vedadas, o que fai que cando os mariscadores legais acoden ás mesmas tras a súa apertura, falta o produto. Así mesmo os mariscadores legais só poden mariscar de luns a venres, e poden efectuar capturas segundo a época de entre 3 e 4 Kg, algo que tampouco respectan os furtivos. A Confraría de Pescadores da Guarda tamén se ve afectada pola acción destas persoas, xa que tamén extraen percebes na súa zona de competencia.
Solicítase da Xunta de Galicia, estado de todos os procedementos administrativos tanto finalizados como en tramitación, cursados contra os investigados, resultando que todos eles acumulan unha gran cantidade de denuncias e á súa vez, ningún efectuou o pago voluntario das sancións impostas, acumulando miles de euros en débedas. Realízase un estudo de medios de vida e propiedades dos investigados, resultando que ningún posúe bens ao seu nome nin vehículos, os cales poñen a nome de terceiras persoas, co fin de evitar posibles embargos.
Grazas a esta información recompilada nas operacións anteriores e as dilixencias instruídas nesta investigación, atribúese a estas catro persoas, a presunta comisión do delito investigado. Os investigados son todos residentes en Baiona e en Nigrán, e incáutanselles trinta sacos de rede, quince rasquetas, 460 Kg de percebe e efectos relacionados co delito. Respecto a un deles, impútaselle tamén a comisión dun delito de quebrantamento de condena, debido a que nunha investigación realizada anteriormente contra o mesmo polo mesmo delito investigado nas presentes, foi condenado polo Xulgado do Penal Nº2 dos de Vigo, á prohibición de executar actos de marisqueo de calquera tipo durante catro anos, incumprindo, esta prohibición.