Sin categoría

Acto de presentación da candidatura e exposición do programa de Esquerda Unida en Nigrán

Este próximo martes, día 16 de maio, ás 20:00 horas no Torreiro de Priegue, Esquerda Unida de Nigrán presentará a candidatura coa que se presenta ás próximas eleccións municipais. Así mesmo no acto realizarase unha breve exposición das liñas xerais do programa electoral, centrado nas persoas e baseado na resolución dos principais problemas da veciñanza mediante a adopción de medidas realizables desde o Concello. A candidatura completa, na que participan 10 independentes, está formada maioritariamente por persoas que xa formaron parte das candidaturas de Nigrán Decide.

Candidatura completa de Esquerda Unida Nigrán

  • José Cuevas Raposo, Ex-Voceiro do grupo municipal de NIGRÁN DECIDE.
  • Betty Mireya León Fong, de Priegue, Catedrática de Física Aplicada da UVIGO, xubilada e activista social, impulsora da Plataforma Solidaria Didáctica do Val Miñor para dar apoio escolar durante a pandemia.
  • José Manuel Figueroa Fajo, de Camos e Obreiro da automoción.
  • Patricia Gómez Costas, de Chandebrito, traballadora no sector do ensino e implicada no movemento veciñal de Chandebrito e na integración de persoas discapacitadas (independente).
  • Ricardo Gil Valcárcel, de A Ramallosa, xubilado e Activista Cultural (independente).
  • Mercedes Cabreira Figueroa, de Panxón, traballadora de Servizos Sociais (independente).
  • Anxo Mosquera Nogueira, de Nigrán. Mecánico maior naval. Ex- concelleiro de NIGRÁN DECIDE.
  • María Comesaña Valverde, de Chandebrito (independente).
  • Borja David Hermida Pérez, de Priegue (independente).
  • Rosa María Vila Collazo, de Camos. Xubilada.
  • Jacobo Gallego Guisande, de Nigrán.
  • María Rosa Lores Gallego, de Nigrán (independente).
  • Antonio Valverde Valtierra, de Panxón (independente).
  • Ana Bonet Solé.
  • Francisco Travieso Ladra, de A Ramallosa.
  • Concha Nogueira Miguel, de Nigrán.
  • Jesús Rodríguez González, de Priegue (independente).
  • José Luis Outes Ruso, de Priegue.
  • Gustavo Bodelón Velasco, de Panxón (independente).