
Este domingo 14 de maio, a partir das 13:00 horas, terá lugar na Praza Rosalía de Castro de Gondomar o primeiro dos dous concertos organizados polo IES Auga da Laxe dentro do ciclo Música na Praza, no que tocarán dous dos grupos dos obradoiros de música do instituto: Vladimir e Os Cazadores Demócratas. O obxectivo desta iniciativa, que conta coa colaboración do Concello de Gondomar, é ofrecer música en directo nun espazo público para todas as persoas que se queiran achegar a desfrutar destes concertos en sesión vermú, como unha forma de abrir á vila o traballo que fai o alumnado nos obradoiros de música do instituto. Esta primeira proposta terá continuidade cun segundo concerto que se celebrará o seguinte domingo, 21 de maio, coa presenza doutros dous grupos: Nere&Amigo e Los Afrancesados.