Sin categoría

Alberto Meira, a pola terceira vitoria do Supercampionato Galego R5 esta fin de semana en Viveiro

O Rallye Mariña Lucense supón a terceira parada do Campionato Galego 2023, onde o equipo AMF Motorsport estará presente, con Alberto Meira, Avelino Martínez e o Skoda Fabia R5 para continuar coa boa serie de éxitos que está a deparar esta tempada.

Novamente será difícil competir pola vitoria absoluta contra un WRC, así que o obxectivo do equipo será o de asegurar a terceira vitoria consecutiva na Copa Top Ten Pirelli A e o Supercampionato Galego R5, nun rallye sempre difícil e que se pode presentarse con condicións meteorolóxicas cambiantes pola localización das especiais.

O piloto de Vincios encara desta maneira a terceira batalla do ano: “Imos tratar de seguir co método de traballo que vimos aplicando nas dúas primeiras citas, onde todo o equipo estivo funcionando á perfección, co coche sen dar o máis mínimo problema e onde tanto Avelino como eu atopámonos moi cómodos, sen erros e mantendo un ritmo superior ao do ano pasado”.

O rutómetro volverá estar composto por cinco coñecidas especiais con cambios mínimos, as de Cervo, Xove e Vicedo na costa lucense, mentres como remate final serán dúas pasadas a Muras e Ourol as que poden desencadear cambios na clasificación, pois son especiais situadas na Serra do Xistral que poden cambiar repentinamente de condicións climatolóxicas, como xa sucedeu noutras edicións.

O equipo AMF Motorsport dá as grazas pola súa confianza aos patrocinadores que un ano máis se involucran co equipo, tratando de lograr outro bo resultado para agradecerlles o apoio.