Lucenza – Ateneo de Nigrán organiza este venres 12 de maio, ás 20:00 horas, no Centro da Terceira Idade da Ramallosa (antiga estación do tranvía), unha conferencia titulada “Francisco Fernández del Riego, galeguista de acción e cultura”, a cargo do profesor e escritor Anxo Xoán Rajó Pazó.
O conferenciante, bo coñecedor da figura de Francisco del Riego, é coautor e responsable da edición actualizada da biografía deste persoeiro que en 2000 publicou Xosé Luis Franco Grande na editorial Ir Indo. Para a nova edición deste libro, publicada este ano, Anxo Rajó engade e actualiza os últimos anos de actividade do homenaxeado neste Día das Letras Galegas.
O conferenciante será presentado pola profesora Camiño Noia Campos.

