
O Concello de Baiona levou a cabo a mellora dun camiño no barrio Ponte de Baredo, aplicando unha capa nova de asfalto a base de formigón semipulido. Así mesmo, tamén se instalou unha nova rede de pluviais. O Concelleiro de Urbanismo e Vías e Obras, Óscar Martínez Álvarez, sinala que “trátase dunha actuación necesaria xa que o estado da pavimentación non era o axeitado, este viario é usado tanto para o acceso a leiras agrícolas como vivendas”.
Pola súa banda o Alcalde, Carlos Gómez Prado, comenta que “é unha actuación de renovación en beneficio do tráfico rodado. Así, os veciños e veciñas desta zona de Baredo poderán gozar da mellora prevista co asfaltado deste viario” e engade que “seguimos coa intención de poñer en valor as nosas parroquias, sempre co obxectivo de mellorar o día a día da veciñanza”.