O Bloque Nacionalista Galego en Baiona, coa presenza da deputada Carmela González, vén de presentar a candidatura para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. A actual responsable local e número 3 da candidatura, Juli Castro, considera que “son persoas que acreditan o proxecto que o BNG ten para Baiona. Un proxecto sólido que promocionará vivenda pública e as comunidades enerxéticas locais”.
Yasmina Moreira, candidata número 2, incide en que “demostramos que o BNG é un partido responsábel para gobernar pero Baiona merece máis. Merecemos poñer en valor o noso patrimonio natural e cultural con ideas que activen a economía, o turismo e a cultura”.
O candidato á alcaldía de Baiona polo Bloque Nacionalista Galego, Iago Pereira, destaca que “a candidatura que presenta o BNG é a que transformará de xeito real Baiona porque imos a seguir sumando apoios e obter un amplo apoio do electorado para ter unha maior forza que nos permita seguir construíndo unha Baiona máis ecolóxica, feminista, humanizada e con servizos municipalizados de calidade”.
Candidatura:
- IAGO PEREIRA MOREDA
- YASMINA MOREIRA COSTAS
- XULIA CASTRO CAMPOS “JULI”
- BERNABÉ SEQUEIROS PINZÁS
- ALBA CAMESELLA GONZÁLEZ
- FRANCISCO XAVIER MARTÍNEZ DOMÍNGUEZ “JAVI”
- MARÍA MONTSERRAT FERNÁNDEZ MORELL
- XOSE BLACH FERNÁNDEZ “PIÑO”
- IOLANDA LAMAS AMBROA
- MIGUEL GONZÁLEZ LAGO
- MARÍA MONTENEGRO PÉREZ
- ANDRÉS REFOJOS MENESES
- PATRICIA MARISCAL DOMÍNGUEZ
- MARTÍN LÓPEZ GOCE
- MIGUEL MACIEL CARNEIRO “MUQUI”
- CRUZ REFOJOS MENESES
- XOSÉ MANOEL MARCOTE GIL
Suplentes:
- ANA MARÍA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ
- XOSE FRANCISCO QUINTAS GONZÁLEZ
- MARÍA SOCORRO DACOSTA FERNÁNDEZ
- CARLOS PÉREZ IGLESIAS

