Sin categoría

O BNG de Baiona presenta este sábado a súa candidatura ás municipais

O BNG de Baiona celebrará o acto público de presentación da súa candidatura ás vindeiras eleccións municipais do 28 de maio este sábado día 6, ás 19:00 horas, no Multiusos de Sabarís (Rúa Benito Fariñas, 3 -Baiona). Nesta presentación intervirán Juli Castro Campos, candidata nº 3, Yasmina Moreira Costas, candidata nº 2, Carmela González Iglesias, Deputada do BNG no Parlamento de Galicia, e Iago Pereira Moreda, candidato á Alcaldía do Concello de Baiona.