A Comisión de Festas Santa Mariña de Vincios informa que queda aprazada a súa Festa da Primavera, prevista para este venres 5 de maio. A nova data será o venres 2 de xuño. Ás 21:30 horas haberá unha churrascada no Torreiro de Festas de Santa Lucía, con reserva nos teléfonos 628 680 502 (Diego) e 697 588 804 (Bibi). A partir das 23:00 horas actuará o grupo La Banda de Ayer, e ao finalizar o concerto, os DJ’s Ganxx e Sombrero.
Artículos relacionados
Avelaíña conmemora o Día Mundial da Saúde Mental baixo o lema “Dálle like á saúde mental”
O 10 de outubro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental, celebración que conta co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS) e que este ano centra a súa temática na saúde mental na infancia […]
A Xunta licita o servizo de revisión de seguridade da presa de Baiona
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de licitar a contratación do servizo para a realización da revisión de seguridade das presas de Baiona, Eiras, O Con e Caldas […]
Liberado o condutor dun turismo que deu varias voltas de campá na AG-57
Os bombeiros do Baixo Miño liberaron esta mañá ao condutor dun turismo que quedou atrapado despois de dar o vehículo varias voltas de campá cando circulaba pola AG-57, en sentido a Baiona. Segundo os datos […]