O BNG organiza este xoves 4 de maio, ás 20:00 horas no Restaurante A Vitrola (Rosalía de Castro, 11 – Gondomar) un encontro aberto sobre as mulleres na política local. Charla-coloquio cuxo fío condutor é a análise do espazo que teñen as mulleres na política local visto dende tres puntos: as mulleres políticas no ámbito local, a política local feita por mulleres e as políticas locais dirixidas ás mulleres, e os tres dende a óptica dos gobernos BNG.
Contará coa participación de Leticia Santos Paz, alcaldesa de Moaña; Ana B. Casaleiro González, concelleira de Medio Ambiente en Tomiño; Yasmina Moreira, concelleira de Igualdade e candidata nº2 en Baiona; Cristina Fernández Piñeiro, candidata nº 2 en Nigrán; e Manuela Rodríguez Pumar, candidata á Alcaldía en Gondomar.

