
A Escola de Danza LDanzia de Gondomar logrou esta fin de semana oito premios en Vigo Porté 2023, celebrado no Auditorio Mar de Vigo con 1.500 bailaríns e 400 coreografías. A escola gondomareña, dirixida pola profesora Lorena Benítez, acudiu con 50 bailaríns e bailarinas e levou o primeiro premio coa coreografía “Dirrty”, que tamén logrou o premio á mellor coreografía mini grupal. “Tango”, “Kill The Lights” e “Rihanna Performance” alzáronse co segundo premio e “Mi Gente”, “Cruella” e “Vínculo” co terceiro premio.
“Catro días en Vigo Porté cheos de emocións, nervios, cansazo, ganas, unión, vivencias… Unha gran experiencia onde peques e maiores gozamos do que máis nos gusta. Grazas a todos. Familiares, amigos e todos os que nos rodeades, polo voso apoio e axuda, somos un gran equipo. A seguir traballando para seguir crecendo”, sinalan desde a escola.
🏅PREMIO MEJOR COREOGRAFÍA MINI GRUPAL DIRRTY
🥇DIRRTY
🥈TANGO
🥈KILL THE LIGHTS
🥈RIHANNA PERFORMANCE
🥉MI GENTE
🥉CRUELLA
🥉VÍNCULO