Convocan unha manifestación polas beirarrúas en Borreiros

A Plataforma Veciñal Polas Beirarrúas en Borreiros convoca a todos os veciños e usuarios da estrada a unha concentración/manifestación diante da Gardería-Escola Infantil de Borreiros o venres 5 de maio, ás 16:30 horas.

Os veciños da parroquia de Borreiros reivindican unhas beirarrúas desde o cruce de Telleiro ata a ponte románica da Ramallosa, que acaben co risco de atropelo nunha estrada cada vez máis transitada e perigosa.

“Conseguíronse centos de firmas de veciños e usuarios, fixéronse moitas reunións, pero os anos pasan e o Goberno municipal nin sequera expuxo un proxecto, sensato e viable, para as beirarrúas”, sinalan desde a Plataforma.