Sin categoría

A escola Galicia en Danza de Baiona álzase co Premio Vigo Porté 2023

A escola de baile Galicia en Danza de Baiona converteuse coa súa coreografía “Priscilla”, na coreografía gañadora do Premio Vigo Porté 2023 na Final celebrada onte no Auditorio Mar de Vigo. O grupo de bailaríns fora recoñecido cun primeiro premio na categoría Absoluta e foi unha das 12 mellores coreografías seleccionadas na Final. O presidente do Xurado, Javier Castillo “Poty” foi o encargado de elixir as mellores coreografías e o Premio Vigo Porté 2023 do evento valorado cun importe en metálico de 1.000 euros, “o nivel deste ano foi enorme, Vigo Porté séguese superando, as miñas felicitacións a todos os bailaríns. O talento que puidemos ver nestes catro días foi brutal e auguro un futuro prometedor para a danza”.

A Delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, foi a encargada de entregar o premio especial Vigo Porté á escola “Galicia en Danza”. “VigoPorté demostrou de novo unha capacidade organizativa admirable e deixou outra vez o listón moi alto para que a cidade continúe sendo a referencia internacional da danza e o baile, un obxectivo para o que sempre poderán contar coa Xunta de Galicia”, destacou Marta Fernández-Tapias.

Lorena López, directora de Vigo Porté, mostrouse moi contenta e emocionada “esta undécima edición foi unha das máis espectaculares e especiais na que batemos récord de participación. O meu máis sincero parabén aos gañadores desta edición, aos 1.500 bailaríns que participaron durante estes catro días no evento, ao traballo das escolas de baile, ás familias dos participantes, a todas as persoas implicadas na organización, a todos os membros do Xurado e á Xunta de Galicia polo seu apoio. Vémonos na edición do ano que vén”.

PREMIOS GALICIA EN DANZA

Categoría MINI:

  • Primeiro premio e nomeada a mellor coreografía con “Unbroken” en Lírico grupal
  • Primeiro premio e nomeada a mellor coreografía con “Visualize it” en Urbano só/dúo/trío
  • Segundo premio con “Ola, ola, ola” en Clásico grupal
  • Segundo premio con “Were not gonna take it” en Fusión grupal
  • Segundo premio con “La Máscara” en Musicais grupal
  • Terceiro premio con “Happy” en Lírico só/dúo/trío

Categoría INFANTIL:

  • Primeiro premio e nomeada a mellor coreografía con “What is Jazz” en Fusión grupal
  • Primeiro premio e nomeada a mellor coreografía con “ABBA” en Musicais grupal
  • Segundo premio con “Kalinka” en Folclore grupal
  • Segundo premio con “Tunak Tunak Tun” en Fusión formacións
  • Segundo premio con “Self sufficient” en Urbano só/dúo/trío
  • Segundo premio con “Fierce” en Urbano grupal
  • Segundo premio con “Sinnerman” en Lírico grupal
  • Terceiro premio con “Higher ground” en Fusión grupal
  • Terceiro premio con “Only one” en Lírico grupal

Categoría JÚNIOR:

  • Terceiro premio con “Born to be wild” en Fusión só/dúo/trío
  • Terceiro premio con “Aqua” en Musicais só/dúo/trío

Categoría ABSOLUTA:

  • Primeiro premio e nomeada a mellor coreografía con “Priscilla” en Musicais formacións

GRAN FINAL:

  • Bolsa dunha semana de formación no Real Conservatorio de Danza Mariemma (Madrid) para Hugo Quirós Loira
  • Bolsa dunhas puntas de ballet para Coral Vázquez Sinde
  • Mellor coreografía de INFANTIL grupal con “ABBA”
  • Mellor coreografía de ABSOLUTA formacións con “Priscilla”
  • PREMIO VIGO PORTÉ para “Priscilla”