Sin categoría

Velada de boxeo amateur no Pavillón Municipal de Baiona

O Club Deportivo Sagabox, en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Baiona, organiza unha velada de boxeo amateur no Pavillón Municipal de Baiona mañá sábado, 29 de abril, ás 21:00 horas. Hai programados toda unha serie de combates de distintos pesos. Todos os combates son a tres asaltos de tres minutos. O prezo das entradas son a doce euros en venda anticipada no Club Sagabox ou en calquera outro club implicado, en despacho de billetes prezo único de quince euros.

Combates programados:

  • STIVEN CRUZ (SAGABOX) VS DAVID LÓPEZ (SAGABOX MOAÑA) en 57 kg
  • JUAN BLANCO (SAGABOX) VS ADRIÁN ACUÑA (KICK BOX SALCEDA) en 67 kg
  • DIEGO CAO (REBOURAS TEAM) VS KIKE GAMBINO (LA VIEJA ESCUELA) en 57 kg
  • MARIO NÚÑEZ (SAGABOX) VS T.B.A. en 71 kg
  • FERNANDO RODRÍGUEZ (SAGABOX) VS JONATHAN FONTENLA (THUNDER MARÍN) en 66 kg
  • HUGO LOURIDO (TEAM DAVID BURGOS) VS HUGO RIGAS (LA VIEJA ESCUELA) en 66 kg
  • NOE RODRÍGUEZ (SAGABOX) VS JUAN CARLOS AREAL (REBOURAS TEAM) en 66 kg
  • ALBERTO “RAYO” ROSALES VS ALEXANDER YOBENKO (LA VIEJA ESCUELA) en 75 kg