Nigrán continúa a festexar a súa literatura cunha xornada de obradoiros e xogos literarios este sábado a partir das 16:00 horas na Biblioteca Municipal. O Concello, Teatro do Ar e a Cooperativa Somos Terra volven unirse para poñer en valor a literatura en galego que se escribe en Nigrán. A inscrición para todas as actividades é gratuíta e pode facerse na seguinte ligazón.
As actividades comezarán ás 16:30 horas con xogos literarios para os máis peques na planta baixa. Á mesma hora, o xornalista, dramaturgo de Teatro do Ar e escritor, Pedro Rodríguez, impartirá un obradoiro de creación de personaxes para mozos ou persoas adultas interesadas. Os pais e nais poden deixar aos seus fillos e fillas nas actividades infantís mentres acoden ao obradoiro.
Ás 17:15 horas os pequenos e pequenas poderán asistir a un contacontos e ás 18:00 horas haberá aulas abertas de teatro onde adultos e nenos traballarán con textos de autores de Nigrán. Estas clases rematarán sobre as 20:00 horas.

