Sin categoría

Nigrán ofrece unha excursión polas pasarelas do río Paiva en Portugal

O Concello de Nigrán abre a inscrición este xoves 27 de abril na Oficina de Turismo de Panxón (de 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:00 horas) para asistir a unha andaina de dificultade alta polas pasarelas do río Paiva (Portugal) o sábado 29 de abril. Está dirixida a empadroados do municipio, ten un custe de 2 € e a lonxitude da ruta é de 8,7 km, polo que é preciso acudir con roupa e calzado axeitado e estar en boas condicións físicas, ademais de levar cada quen o seu almorzo. A saída será ás 8:30 en autobús desde o Concello de Nigrán e a chegada aproximadamente ás 20:00 horas. A inscrición será por rigorosa orde de chegada. As pasarelas do Paiva atópanse nun dos espazos de maior interese natural de Portugal: o Xeoparque Arouca. Cunha área de 328 km2, o Xeoparque é un museo xeolóxico ao descuberto, con 41 xeositios rexistrados onde se poden contemplar numerosos xacementos fósiles.