A Comisión de Festas San Miguel de Peitieiros organiza este domingo día 30 de abril a Festa do Motor. Desde as 11:00 da mañá concentraranse clásicos, motos e coches de rally. Ás 12:00 do mediodía sairá un roteiro de clásicos. Ademais, haberá grandes sorteos, música a cargo dun DJ e unha comida con churrasco, patacas, bebida, sobremesa, café e chopo por 20 euros. Inscricións e reservas ata o día 25 no teléfono 667 458 918.
Festa do Motor en Peitieiros

