
Concello de Nigrán e Deputación de Pontevedra ofrecen este sábado 22 de abril ás 21:00 horas no Templo Votivo de Panxón o concerto de “Ars Sacra Ensemble” con entrada de balde ata completar o aforo. Co fin de promover e garantir o acceso igualitario á cultura para todas e todos, alén de poñer en valor espazos de memoria, arte e identidade, naceu “Música no ar”, unha iniciativa coa que a Deputación de Pontevedra achegou a música clásica a todo o territorio. Ars Sacra Ensamble está formada por Débora Valuja, clave (Poio), Fernando Santiago, cello (Bueu), Rosana Domínguez Rey, soprano (Meaño) e Sonia Bouzada, mezzosoprano (Pontevedra).