O Concello de Nigrán vén de adquirir 200 novos composteiros individuais para repartir gratuitamente entre a veciñanza que o solicite no mail conserxeria@nigran.org ou no teléfono 986365000. Os interesados deben estar empadroados no municipio e contar con leira ou xardín, ademais de non ter recibido outro anteriormente. A entrega realizarase segundo rigorosa orde de inscrición ata esgotarse a remesa.
O Concello de Nigrán entregou nos anos pasados outras 200 unidades entre os veciños que o solicitaron. Trátase dun obxectivo do goberno local o incentivo deste tipo de tratamento dos residuos orgánicos en cada fogar porque forma parte da denominada economía circular e dunha das estratexias locais para o desenvolvemento dos ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible).

