Inés Yáñez presenta en Nigrán a novela negra “Sombras sobre el rosa”

O Concello de Nigrán ofrece este venres 21 de abril ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal a presentación da novela negra “Sombras sobre el rosa”, da veciña de Panxón desde hai case 40 anos Inés Yañez Blanco, nacida en Vigo. Trátase da primeira entrega dunha serie de 5 relatos de misterios acaecidos na comarca. A autora será presentada polo alcalde, Juan González, e no evento dispoñerase de exemplares á venda e para firmar. En Marinela, unha pequena vila costeira do Sur de Galicia situada entre Vigo e Baiona, a tranquilidade da vida cotiá vese de súpeto ameazada polo horror e a incerteza dos crimes da noite de San Xoán de 1988. Así arranca esa primeira novela negra de Inés Yañez.