Montserrat Villar presenta en Baiona o seu libro en edición bilingüe “Os abrazos do Mar”

O vindeiro venres 21 de abril ás 20:00 horas, no Auditorio da Casa da Navegación de Baiona, Montserrat Villar González presentará o seu libro en edición bilingüe “Os abrazos do Mar”, unha mirada poética da relación co mar. Poeta, filóloga e tradutora. Estudou Filoloxía Hispánica pola Universidade de Salamanca e posteriormente Filoloxía Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Profesionalmente desenvolve o seu traballo no eido do ensino, da tradución e a pedagoxía. Reside en Baiona, onde namorouse do mar. Mantén intensa actividade cultural entre Salamanca, Portugal e Galicia.