A baionesa Iria Ludeña logra o ouro na I Copa de España de Sprint Olímpico

Durante esta fin de semana celebrouse no encoro avilesino de Trasona a I Copa de España de Sprint Olímpico na que participaron máis de 450 deportistas do territorio español. Unha vez máis o piragüismo galego competía co maior número de participantes. A embarcación K4 do Kayak Tudense logrou o ouro en 200 metros. O equipo formado pola baionesa Iria Ludeña, Irea Alonso, Daniela Álvarez e Uxía Rodríguez, subiuse ao máis alto do podio cunha marca de 00:00:40,47 e 33 puntos.