
O equipo Sénior Masculino do CB Nigrán proclamouse, esta mañá, campión de liga despois de vencer ao Mar de Vigo, no Pavillón do Berbés.
Foi un partido moi intenso e igualado durante os tres primeiros cuartos, sen ningunha vantaxe clara por parte de ambos os dous equipos, ata chegar ao último cuarto, que tras un parcial de 9-19, deu a vitoria definitiva ao CB Nigrán. Este título dá aos nigraneses a opción directa a xogar a fase de ascenso.
Esta é a sexta tempada que o CB Nigrán conta con esta categoría. O equipo actual está composto por 13 xogadores, entre os cales se atopan algúns que deron os seus primeiros pasos sendo tan só uns nenos nas filas do CB Nigrán hai máis 20 anos e xogadores que se formaron na canteira do club e que deron o salto á categoría sénior.