O CPI de Cova Terreña de Baiona conmemora este ano o seu 50 aniversario. O venres 21 de abril terá lugar o acto oficial presidido polo Conselleiro de Educación, Román Rodríguez González, en que se renderá unha homenaxe aos diversos colectivos e persoas que, durante todos estes anos, estiveron “axudando a construír persoas”.
Debido á limitada cabida do salón de actos, ao acto institucional poderase acudir previa invitación. O acto continuará cunha comida de fraternidade á que poderán asistir todas aquelas persoas vencelladas ao centro educativo que o desexen e que terá lugar nun coñecido restaurante de Baiona.
Para calquera consulta contacten co centro educativo no teléfono 886120001 ou no correo cpi.cova.baiona@edu.xunta.gal.

