
Este mércores, con motivo do Día Internacional da Atención Primaria, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor fixo unha concentración diante do Centro de Saúde do Val Miñor na Xunqueira pola Defensa Pública da Sanidade, na que participaron usuarios e persoal sanitario, e na que se puxo de manifesto a política que está a levar a Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade, de descapitalización do Sistema Sanitario, con recortes de investimentos e persoal, tanto en Atención Primaria como nos Puntos de Atención Continuada (P.A.C.), así como na Atención Hospitalaria. Reclamando un investimento do 25% do orzamento sanitario para Atención Primaria, actualmente non pasa do 12%, con incremento de persoal en todas as categorías e menos demoras nas consultas.