Nigrán ofrece este sábado un concerto-homenaxe a Os alegres do Val Miñor

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 15 de abril ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o concerto-homenaxe a Os Alegres do Val Miñor con entrada de balde ata completar o aforo. O grupo folclórico da comarca conta con compoñentes de Tebra, Borreiros, Baiona, A Ramallosa, O Viso, Camos e Vincios. A música que interpretan forma parte do extenso patrimonio musical galego: xotas, muiñeiras, vals, pasodobres… incluso con pezas propias e outras con arranxos do grupo. Como ben sinalan no seu nome, o obxectivo é que os asistentes gocen da súa música, bailen e, en definitiva, o pasen ben nunha xornada que o Concello quere destinar a homenaxear a este grupo galego de referencia en toda a comarca.