Nigrán estrea a premiada película “Matria”

O Concello de Nigrán ofrece este domingo 16 de abril ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a estrea da premiada longametraxe “Matria”, ópera prima do vigués Álvaro Gago. A entrada é de balde ata completar aforo. A proxección da película se encadra no ciclo de “Cine Galego de Estrea” que o Concello iniciou a semana pasada con “As Bestas” e que continuará o domingo 30 de abril con “O corpo aberto”, de Ángeles Huerta.

“Matria” nace da curtametraxe homónima de Álvaro Gago, foi estreada en febreiro con gran éxito de público e crítica na Berlinale e obtivo o Gran Premio do Xurado en Sundance e senllos premios “Biznaga de Oro” e “Mellor Actriz” (María Vázquez) no Festival de Cine de Málaga.

O filme é un verdadeiro drama social no que Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario nun pobo da costa galega. Fai malabarismos con múltiples traballos para manterse á boia e proporcionar un futuro mellor á súa filla Estrella. Pero cando Estrella está preparada para tomar o seu propio camiño, Ramona dáse conta de que, por primeira vez, pode facer algo por si mesma.