Inscricións abertas para participar no XII Campionato Escolar de Natación do Val Miñor

O vindeiro domingo día 16 de abril nas instalacións deportivas da Piscina Mancomunada do Val Miñor da Ramallosa, a Concellería de deportes do Concello de Baiona, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, organiza a décimo segunda edición do Campionato Escolar de Natación do Val Miñor.

As inscricións permanecerán abertas ata o xoves 13 de abril, podendo formalizarse cubrindo o boletín de inscrición e entregándoo no Pavillón Municipal de Deportes de Baiona, a través do correo deportes@baiona.gal, ou no teléfono 986 356 558. Participarán as categorías prebenxamín (2016-2015); benxamín (2014-2013); alevín (2012-2011) e infantil (2010-2009).

Realizaranse quendas clasificatorias en cada unha das probas ata obter os mellores 6 tempos de todas elas, para a posteriori realizar a final. As probas serán de carácter mixto e as saídas realizaranse desde o interior do vaso.

As probas e horarios a desenvolver son:

• 25 metros Crol e 25 metros costas para Prebenxamíns.
• 25 metros Crol e 25 metros costas para Benxamíns.
• 50 metros Crol e 50 metros costas para Alevíns.
• 50 metros Crol e 50 metros costas para Infantís.

Os alumnos só poderán participar na súa categoría correspondente. A programación prevista é:

HORARIO CLASIFICATORIAS HORARIO FINAIS
10.00 H 50 COSTAS INFANTIL 12.15 H 50 COSTAS INFANTIL
10.15 H 50 COSTAS ALEVÍN 12.20 H 50 COSTAS ALEVÍN
10.30 H 50 CROLL INFANTIL 12.25 H 50 CROLL INFANTIL
10.45 H 50 CROLL ALEVÍN 12.30 H 50 CROLL ALEVÍN
11.00 H 25 COSTAS BENXAMÍN 12.35 H 25 COSTAS BENXAMÍN
11.30 H 25 COSTAS PREBENXAMÍN 12.40 H 25 COSTAS PREBENXAMÍN
11.45 H 25 CROLL BENXAMÍN 12.45 H 25 CROLL BENXAMÍN
12.00 H 25 CROLL PREBENXAMÍN 12.50 H 25 CROLL PREBENXAMÍN

13:00 H. ENTREGA DE MEDALLAS E SORTEO DE AGASALLOS ENTRE OS PARTICIPANTES