Sin categoría

A Comisión de Festas Santiago de Morgadáns organiza a súa I Ruta Cabalar

A Comisión de Festas Santiago de Morgadáns organiza o vindeiro domingo 22 de abril a súa I Ruta Cabalar. O prezo para participar é de 22 euros por persoa (nenos ata 12 anos 15 euros), incluíndo ruta, petisco e comida (churrasco, bebida, sobremesa, café e chopo). Os que tan só queiran o petisco deberán abonar 5 euros. Inscricións na Cantina da Comisión ou nos teléfonos 667 457 037 (Javier), 685 890 921 (Lucho) e 695 342 497 (Víctor). A saída será ás 10:00 da mañá, ás 11:30 o petisco e as 14:00 horas a comida, baixo unha gran carpa. Haberá sorteo de agasallos e pola tarde-noite DJ sorpresa.