
A pasada fin de semana o club gondomareño de ximnasia acrobática, Gondomar Acro Club, desprazouse ao municipio de Morazarzal dando o pistoletazo de saída ás competicións desta tempada. 10 clubs do territorio nacional; Valencia, Asturias, Madrid, e Galicia foron as comunidades participantes no Open Madrid cun total de 240 ximnastas.
Desprazáronse 7 equipos dos cales obtiveron dous bronces, unha prata, dous cuartos postos, un quinto e un noveno posto. “Viaxamos a Madrid con moitas ganas de retomar ás competicións xa que é a mellor forma de auto-avaliarse e ver se imos por bo camiño. O certo é que empezamos a tempada con moi bo sabor de boca e volvemos con máis ganas de traballar se cabe. A finais de abril espéranos o campionato galego, sabemos que estará moi rifada a competición, pero como sempre daremos o mellor de nós. Ademais, teño que recoñecer que, reencontrarnos coa ex ximnasta e agora xuíza Lía Hermida é como reunir á familia e, para min é a mellor das medicinas”, comenta a adestradora Cristina Castro.
Resultados:
Categoría Júnior Base:
- Trío feminino: Sara Alonso, María Fernández e Alejandra Pérez cuarta posición.
- Parella feminina: Naiara Araujo e Vera Fernández quinta posición Categoría Infantil. Base:
- Parella feminina: Clara Quintas e Carla Albores, novena posición.
Categoría Cadete Base:
- Trío feminino: Helena Veiga, Aroa Araujo e Candela Alonso, medalla de bronce.
- Trío feminino: Inés Román, Nerea Gallego e Lara Cabral, cuarta posición.
Categoría Alevín Base:
- Parella feminina: Martina Aramburu e Paula Alonso, medalla de prata.
Categoría Alevín:
- Parella feminina: Claudia Comesaña e Sira Cedeira, medalla de bronce.