
O Concello de Nigrán organiza un Ciclo de Cine Galego de Estrea que se iniciará este sábado 8 de abril ás 20:00 horas no Auditorio Municipal coa proxección da obra mestra de Rodrigo Sorogoyen “As Bestas”. Antoine e Olga son unha parella francesa que se instalou hai tempo nunha aldea do interior de Galicia. Alí levan unha vida tranquila, aínda que a súa convivencia cos aldeáns non é tan idílica como desexarían. Un conflito cos seus veciños, os irmáns Anta, fará que a tensión creza na aldea ata alcanzar un punto de non retorno. Ao longo do mes de maio continuará con “Matria” de Álvaro Gago e “O Corpo Aberto” de Ángeles Huerta.