Sin categoría

Baiona renova a instalación de bombeo da Escola de Educación Infantil “O Areal” de Sabarís

O Concello de Baiona informa do remate das obras de renovación da instalación de bombeo da Escola de Educación Infantil “O Areal” de Sabarís, dando resposta ás demandas dos pais e a comunidade educativa.

O Concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez Álvarez, detalla que “instaláronse dúas novas bombas, un cadro de protección e mando, así como a renovación da instalación, o que supuxo un investimento de 8.348 euros”.

Aínda que o Concello non ten competencias directas en materia de ensino, realizou durante o mandato municipal numerosas obras para manter os centros en boas condicións. “O ensino público de calidade é unha das prioridades deste equipo de goberno”, asegura o alcalde, Carlos Gómez Prado.