Sin categoría

34 nenos e nenas participan no programa de conciliación de Semana Santa de Baiona

Baiona iniciou hoxe o programa de conciliación no que participan 34 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos esta Semana Santa. Unha iniciativa da Concellería de Igualdade a través do Centro Municipal de Información á Muller, que cumpre unha dobre función: promover a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral. A actividade é cofinanciada pola Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos 2023 (Liña 2).

Así, o 3, 4, 5 e 10 de abril no CPI Cova Terreña os nenos e nenas participantes poderán gozar coas numerosas e variadas actividades organizadas, que incluirán desde xogos ata obradoiros e manualidades. O programa de conciliación de Semana Santa tivo unha gran acollida entre as familias do municipio. A Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira Costas, realizou unha visita esta mañá ao colexio onde se está a celebrar o programa.