Homenaxe ás profesionais de Axuda no Fogar en Baiona

Acto de homenaxe ás persoas que forman parte do equipo do Servizo de Axuda no Fogar de Baiona, celebrado onte pola noite no Parador de Baiona. Para o Concello de Baiona, a Axuda no Fogar é unha prioridade de goberno á que este ano dedica máis de 800.000 euros, o triplo que no 2019, atendendo a 90 veciños e veciñas de Baiona.

“As profesionais que forman parte do servizo fan un traballo impagable, coidando das persoas maiores e dependentes moitas veces en situacións moi complicadas, como a pandemia”, asegurou Carlos Gómez Prado, alcalde de Baiona. Durante o acto, moi emotivo, entregáronse varias distincións e púxose en valor o traballo diario do equipo das auxiliares e o persoal de coordinación.