Sin categoría

“Dedas, o libro que medra” polo Val Miñor celebra a súa festa infantil no Eroski de Nasas Nigrán

Baixo o lema “Tan iguais Tan diferentes” e a través da campaña “Pintamerca” as tres fadas do Miñor realizarán unha sesión diferente para o público familiar a través dun contapintacontos con Calíope, a serea protagonista do seu libro “Dedas” e Carla, a golfiño cachalote.

A firma Eroski, que aposta polo produto local, quere achegar ao seu público infantil este álbum ilustrado sobre a diversidade 100% Nigrán: “Dedas, o libro que medra”. Solaina creou un conto evolutivo marabilloso que crece como os nosos fillos a través da comarca do Val Miñor. “Un paseo por Nigrán”, “Un paseo por Baiona” e “A walk in Baiona” forman a saga Dedas, que en breve coñecerá o seu desenlace final. Libros que apostan pola cultura, a defensa ambiental da comarca e o seu patrimonio arqueolóxico con roteiros descargables en QR e actividades finais educativas.

A súa autora, Soledad García é a escritora e poeta nigranesa. A ilustración corre a cargo da pintora Laine Villero e a maquetación é de Natalia Guisande. Tres mulleres nais emprendedoras que reforzan a maxia do Val Miñor apostando por un produto que mostra de forma lúdica a beleza da nosa comarca.

Desde Solaina informan que estarán a asinar libros no recinto comercial Eroski en Nasas Nigrán ao remate da sesión de contapintacontos. Os actos comezarán a partir das 17:30 horas na sala multiusos Eroski e rematarán ás 19:30 horas.