O Concello de Nigrán ofrece unha excursión a Lisboa de dous días (11 e 12 de abril) dirixida á veciñanza empadroada no municipio e cun custe de 125 €/persoa. A inscrición será este xoves 30 de 16:00 a 20:00 horas e venres 31 de 9:00 a 14:00 na Oficina de Turismo de Panxón, repartíndose as prazas por rigorosa orde de chegada.
A saída será o día 11 ás 8:00 horas desde Nigrán (Concello) con visita ao pobo de Óbidos e comida en Caldas da Rainha. Pola tarde realizarase unha visita a Lisboa e aloxamento (con almorzo-buffet) nun hotel de catro estrelas no centro da cidade lusa. Nestes dous días visitarase a capital lusa, Cascais e a súa contorna. A chegada a Nigrán está prevista o día 12 ás 22:00 horas.
O prezo por persoa en cuarto dobre é de 125 euros e inclúe: comida, cea, aloxamento en hotel 4 estrelas, almorzo e comida do segundo día. O suplemento por cuarto individual serían 50 euros a maiores.

