Volven os roteiros naturais por Baiona

Volven os roteiros naturais por Baiona. A Concellería de Turismo dá continuidade a aposta polos roteiros de sendeirismo e o safari etolóxico de garranos, que tanto éxito tiveron o ano pasado, e engade un novo roteiro en bicicleta de montaña eléctrica. O primeiro roteiro do safari etolóxico de garranos será este sábado, 1 de abril, e xa está aberto o prazo de inscrición, que será exclusivamente por correo electrónico e por orde de entrada, xa que as prazas son limitadas (oficinadeturismo@baiona.gal). O 7 de abril (Venres Santo) realizaranse os roteiros en e-bike (unha de mañá e outra de tarde). Tamén está aberto o prazo de inscrición para esta actividade e poderase realizar a través do correo electrónico oficinadeturismo@baiona.gal e por teléfono no 986 68 70 67.

O calendario de actividades, co prazo de inscrición de cada unha delas complétase do seguinte xeito: Ofertarase outro safari etolóxico de garranos o domingo 16 de abril para o cal o prazo de inscrición abrirase o 10 de abril exclusivamente por correo electrónico e por orde de entrada, xa que as prazas son limitadas (oficinadeturismo@baiona.gal). En canto os roteiros de sendeirismo, o sábado 15 de abril poderase desfrutar da camiñada Chan da Lagoa-Baíña de 10,5 Km. A apertura do prazo de inscrición será o vindeiro luns, 3 de abril, a través do correo electrónico oficinadeturismo@baiona.gal e por teléfono no 986 68 70 67. O outro roteiro será o 7 de maio e denomínase “Os garranos da Groba” de 11,5 Km. A apertura de prazo de inscrición será o 24 de abril a través do correo electrónico oficinadeturismo@baiona.gal e por teléfono no 986 68 70 67.

A Concellería de Turismo de Baiona afianza a súa aposta polo turismo sostible. Neste sentido, desde o departamento municipal foise un paso máis, cara un novo modelo de turismo sostible potenciando a sustentabilidade do destino Baiona. Se trata dunha adaptación da planificación turística ao novo contexto do turismo, sumando a todos os actores implicados no ecosistema local co obxectivo de desenvolver e transferir coñecementos e boas prácticas do novo modelo de turismo sostible que desde o Concello están a aplicarse.

Desde a Concellería apóianse accións que axudan á creación de novas fórmulas de diversificación da oferta turística atractiva para os visitantes á vez que se favorece a sustentabilidade do medio ambiente. Así o testemuñan, as exitosas novidades postas en marcha por primeira vez o ano pasado polo departamento: os roteiros guiados gratuítos “Safari Etolóxico de Garranos”, unha proposta levada a cabo en colaboración con Finca Moreiras; e a proposta dos roteiros de sendeirismo “Baiona Natural”, en colaboración coa empresa local Baiventura. A estas hai que sumar a incorporación este ano dos roteiros en bicicleta eléctrica de montaña “e-bike” pola contorna natural da Vila, tamén levadas a cabo por Baiventura.

O Alcalde de Baiona e Concelleiro de Turismo refírese á aposta da administración local pola diversificación e calidade do destino turístico Baiona xa que “é fundamental que o turismo sexa máis sostible e respectuoso coa natureza e avogou por “un novo modelo que aposta firmemente pola desestacionalización, con fórmulas de diversificación de ofertas atractivas para os visitantes que xere unha maior oferta ao longo de todo o ano e, especialmente, que poña en valor o inmenso patrimonio natural das nosas parroquias”.