
O domingo 26 saíu o sol para dar a benvida a novos surfeiros chegados de todo o territorio español que viñeron competir na 1ª Proba da Liga Nacional de Surfing Kids organizada pola Federación Española de Surf, Prado Surf Escola e o Concello de Nigrán. Ao final houbo un gran día de ondas perfectas para que os novos surfeiros puidesen demostrar o seu alto nivel.
O bo tempo tamén fixo que se puidese gozar dun gran ambiente no areal de Patos ao que acudiron amigos e familiares, ademais a asociación CEMMA deu unha charla divulgativa sobre a importancia de protexer aos mamíferos e tartarugas mariñas, unha acción que culminou co simulacro dun rescate dun golfiño.
O evento estivo organizado pola Federación Española de Surf, a Federación Galega de Surf e Bodyboard, Prado Surf Escola e o Concello de Nigrán. Ademais, a proba contou co apoio dos patrocinadores Alumisel, Agua Sana, Solo Imprenta e Clínica Dental Fontán & De Brito, e coa colaboración especial de Mission Surf Shop, Deporte Galego, Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra.