Ardelume de Baíña presenta o seu vídeo clip “Morriña de Galicia”

O grupo de integración Ardelume de Baíña presentou este domingo no Parador de Baiona o seu vídeo clip “Morriña de Galicia”, nun acto amenizado polo quinteto de corda pulsada da escola da Banda de Gaitas da provincia de Pontevedra e ao que asistiron, entre outros, os alcaldes de Baiona e Gondomar, Carlos Gómez e Paco Ferreira, a deputada provincial Iria Lamas, e concelleiros e concelleiras de Baiona e Nigrán.

A canción “Morriña de Galicia” está escrita por Pili Rodríguez con música de Manuel Soto, director e profesor do grupo de integración Ardelume de Baíña. O pasado mes de febreiro desprazáronse en autobús a distintas localidades galegas para gravar o vídeo clip. As pontes de Ourense, a Praza do Obradoiro de Santiago, a Muralla de Lugo, os canizos de Combarro, ou Faro Silleiro son algunhas das localizacións de gravación.

Este vídeo clip está financiado pola Deputación de Pontevedra e será unha canción promocional en galego sobre a nosa terra. O vídeo foi gravado por Diego Bea Besada, que traballou con Anxo Pintos, Susana Seivane, Xisco, ou nunha colaboración con Tanxugieiras entre outros.