A Garda Civil detén a un veciño do Grove por roubo con forza nunha vivenda habitada

A Garda Civil de Sanxenxo detén a un veciño do Grove de 32 anos, con numerosos antecedentes policiais, como presunto autor dun ilícito de roubo con forza cometido no interior dunha vivenda na localidade do Grove no pasado decembro.

As pescudas iniciáronse por mor da denuncia interposta no Posto do Grove, por unha veciña da devandita localidade na que facía constar que fora obxecto dun roubo con forza na vivenda da súa propiedade.

O suposto autor dos feitos, forzou unha das portas traseiras do inmoble, causando numerosos danos na mesma e levou xoias e diversos efectos, aproveitando a ausencia da propietaria.

Os datos obtidos da inspección ocular polo Equipo EBIO (Equipo básico de Inspeccións Oculares) do Posto de Sanxenxo, permitiron a identificación do posible autor.

O detido foi posto en liberdade en sede policial, e as dilixencias trasladadas ao dispor do Xulgado de Garda de Cambados ante os que deberá comparecer o detido cando sexa citado para iso.