Sin categoría

Plan especial de tráfico en Baiona pola Vig-Bay

O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local, deseñou un plan especial de tráfico con motivo da XXII edición do Medio Maratón “Gran Bahía Vig-Bay”, que se celebra este domingo 26 de marzo. O plan entrará en funcionamento ese mesmo día ás 06:00 horas para a montaxe de infraestrutura, cando se procederá a restrinxir a circulación nos viarios de acceso ao centro de Baiona e terminará ao redor das 14:00 horas.

Itinerarios alternativos

A PO-552 que transcorre pola localidade quedará cortada desde a glorieta de acceso á autoestrada, situada na Avenida de Sabarís, ata a glorieta de entrada sur á Vila, rotonda do Villa Rosa. Ante os cortes de circulación que se realizarán ao paso da popular carreira recoméndase que os accesos ao centro urbano efectúense utilizando a circunvalación, que conecta directamente a zona de Sabarís con Baredo ou a rotonda do Villa Rosa.

Transporte público

A chegada á Vila da tradicional carreira tamén afectará ao transporte público, xa que durante a súa celebración quedarán eliminadas as paradas situadas en Avda. Monterreal, O Burgo, e a Avenida Urbana de Sabarís. A parada de taxis situada na zona do porto pesqueiro trasladarase á rúa Brasil (Zona dos Tendais).

Prohibicións de estacionamento

Por outra banda, ese día quedará prohibido estacionar na zona do porto pesqueiro na rúa Elduayen (punto de meta da carreira), na rúa Alférez Barreiro e na rúa Ramón y Cajal.

O Alcalde, Carlos Gómez prado, sinala que “desde o Concello de Baiona pedimos prudencia á hora de circular pola zona e pedimos desculpas ás persoas afectadas polas molestias que este evento poida ocasionar, que atraerá ata o municipio a un gran número de participantes e persoas ata Baiona”.